2 dic 2009

Os mitos castrexos reviven nas esculturas de Toño Monteiro

O Centro Comarcal do Carballiño acolle ata o fin de ano unha mostra de 16 esculturas de Toño Monteiro, un artista nado no concello ourensán de Lobios, e na que recupera para o visitante os cultos dos pobos castrexos.

A sala de exposicións do Centro Comarcal do Carballiño converituse onte no esceario da inauguración da mostra ‘Terras de Oestrimnia’, unha serie de 16 pezas esculpidas por Toño Monteiro, un artista nado no concello ourensán de Lobios.

Materias como grés, aceiro, pedra volcánica, cuarcita, pizarra ou granito dan forma a seres mitolóxicos como a Divinidade Bandua Lansbricae, que foi venerada polos habitantes dos castros na comarca do Carballiño.

Toño Monteiro lembra que ‘nas ladeiras do monte Trocado atópanse dous castros relevantes, un do século VII antes de Cristo, e un pouco máis abaixo O Castro de San Cibrán de Lás, onde segundo as inscricións a Júpiter os seus pobadores nomeaban a divinidade de Abandua Lansbricae antes de xuntarse coa cultura galaico romana’.

REFERENCIA: LA REGIÓN