8 feb 2013

Premios do primeiro concurso de fotografía O Bosque Máxico

Dolmen no val do Salas.// Toni Álvarez
Dolmen no val do Salas.// Toni Álvarez
O pasado doce de xaneiro tivo lugar a entrega de premios do primeiro concurso de fotografía convocado por “O Bosque Máxico”. Para iso contouse coa implicación de entidades patrocinadoras —as máis delas pequenos establecementos da zona— que,dende a sinxeleza das propostas, ofrecéronlle un pequeno agasallo aos galardoados en cada unha das trece modalidades temáticas que concorreron ao certame. As persoas que mateñen este xeitoso portal de internet (http://www.obosquemaxico.com/) propoñen, no seu manifesto fundacional, un serio exercicio de escoita, que non significa outra cousa que concentrar nel, neste bosque —o cal, en definitiva, representa a natureza pura da nosa terra—, toda a nosa atención. Para así sentir as súas voces, que chegan ata a mesma actualidade dende o máis antigo dos tempos. O bosque máxico é,polo tanto,un proxecto para a recuperación,dinamización e preservación sostíbel dun territorio que abrangue catorce concellos das dúas bisbarras da parte suoroccidental ourensá, Terra de Celanova e Baixa Limia, que son aqueles municipios pertencentes ao GDR 16. En cada un deles aparece deseñado e documentado con mapas, imaxes e cartografía dixital un roteiro que percorre, en cada caso, un patrimonio enxebre a través dunha natureza senlleira. Isto constitúe un convido auténtico a todos e todas os interesados en se mergullar nunha viaxe de historia auténtica a través dunha andaina en presente que se vale das prestacións da tecnoloxía máis moderna. Deste xeito, como primeiras mostras dun vizoso circuíto ateigado de posibilidades, en cada municipio ábrese un trazado que é unha oferta a se adentrar nas moitas potencialidades do noso territorio: os diferentes tramos do camiño da raíña santa —que discorre pola Merca, Cartelle, Celanova, Bande, Lobeira, Lobios e Muíños—, a ruta do castro do santo —en Cartelle—, o percorrido polo bosque de Celanova, os castelos da Pía da Moura —en Entrimo—, o roteiro da canle de Escudeiros —entre Ramirás e Gomesende—, o dos currais da Fraga — en Lobeira—, o megalítico do val do Salas —en Muíños—, o do río Deva —en Padrenda e Pontedeva—e o do Penaga sa especie humana, co fin de crear un lugar máis axeitado no que podermos vivir”. Velaí, logo, conxuntados algúns elementos clave á hora de concibir a realidade presente: a valoración do propio como recurso primordial, a dedicación, o coidado e a rexeneración do noso medio natural, en tanto que lugar de asentamento e de fonte de prosperidade de todos os galegos e galegas, cuxo destino maioritario,en especial para aqueles que acadaron unha maior cualificación — polos seus méritos propios e por se beneficiaren dunha formación pagada cos impostos de todos—, é hoxe máis ca nunca a obriga de emigrar. Cómpre, neste sentido, facer unha reflexión final ao respecto. O bosque máxico auténtico é aquel que goza dun nivel de desenvolvemento axeitado, consonte as potencialidades actuais, de xeito que os seus recursos se convertan en fonte continuada de creación de riqueza, vida e benestar para os seus habitantes. Preguntemos, entón, se por parte, en especial, de quen tivo e segue a ter máis responsabilidades —políticas, directivas, económicas, en definitiva de capacidade de transformación— se levan feito as cousas ben ou, pola contra,moi mal. Porque, como é doado de ver, o abandono e a perda constante de poboación no interior do noso territorio —en especial aquela que está máis cualificada— son as notas constantes dunha realidade merecente dun futuro ben mellor. Contémplese, logo, a magnífica documentación que se ofrece a través desta páxina e, gozando da súa capacidade de suxestión, analícense as múltiples potencialidades que o interior da nosa terra atesoura. Para empezar a construír un concurso de ideas colectivo que teña como fin pórmos en marcha iniciativas proveitosas para todos que é urxente acometer.

Seima no bosque máxico. // Toni Álvarez
Seima no bosque máxico. // Toni Álvarez