1 ago 2013

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E DIBUXO – BASES

Organiza:   O BOSQUE MÁXICO.COM
Premios:  ver apartado de    PATROCINADORES
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
Participantes: Poderá participar  no concurso calquera persoa, non profesional, que o desexe. Os participantes deberán ser os autores das fotografías presentadas, e estas non poden ter sido premiadas noutros concursos.
Modalidade e Formato, para Fotografia: De 1 a 3  dixitais a cada un dos temas,  en Fotografía dixital, HDR, e no acabado que queirades, sendo archivos de formato jpg cunha dimensión de 1600 px ( ancho ou  alto ). Podéndose retocar contrastes, enfoques, cores, saturacións, brillos, etc. Quedando descartados todos os tipos de  foto montaxes, así como os tratamentos que distorsionen a realidade da imaxen (exemplo: quitar ou poñer elementos...etc.)
Temas: Serán optimos, todos os traballos onde os  seus temas estean relacionados  cos seus patrocinadores.
Modalidade e formato para Debuxo: Todo los Debuxos serán creados sobre un soporte máximo de A-3. Os Debuxos serán feitos con tecnicas de RAYADO ou ACUARELA. Estes mesmos serán escaneados coa máxima resolución, dentro do posible.  Unha vez escaneados poderanse mandar directamente a cada tema do II concurso de O Bosque Máxico, con un lado máximo de 1600 PX  ( ancho ou alto ) que se colocaran nas diferentes casillas pertencentes a cada tema ós que son enviados, tendo o mesmo tratamento e optando os mesmos premios que a Fotografía.  Premio especias para Debuxo: constará da creación do cartel para o concurso do vindeiro Ano 2014.  Aparte deso todo los Debuxos, quedarán suxetos as bases do concurso, tendo que mandar o orixinal e copia todo los premiados; orixinal,  para a exposición intinerante que percorrera, Salas e Concellos de O Bosque Máxico, e copia para o patrocinador.
Non se admitirán Debuxos e Fotografías nas que aparezan persoas identificables, sen o  seu debido consentemento .
Cada participante, ó enviar as fotografías ou debuxos deberá indicar:
Título das reportaxes
Nome e dous apelidos
Nick (Alias ou pseudónimo baixo o cal presenta as súas fotografías)
Direción do seu correo electrónico, ou ...
Nº de Teléfono
Localidade
Prazo de recepción das reportaxes: Ata o 31 de Decembro de 2013.
Normas oficiais: Todas as Fotografías e Debuxos expostos na paxina web de O Bosque Máxico quedaran suxeitos os artigos e decretos vixentes da Xunta de Galicia  e as propias bases desta paxina WEB,  fecha de 01 / 07 / 2013, sobre concursos de fotografías e vídeos.
O fallo de premios: O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no campo das artes plasticas e un membro de cada patrocinador. Estes seleccionarán as mellores reportaxes de cada autor, así como as reportaxes gañadoras,  que serán expostas na web de http://www.obosquemaxico.com/.
Exposición: As fotografias e Debuxos gañadoras imprimiranse nun formato de 50 x 40 cm, para que sexan expostas na casa de Curros ou na casa do Concello de Celanova durante 30 días, e a continuación, exporanse por todos os concellos pertencentes a O BOSQUE MÁXICO.
O fallo do xurado: será feito público o día 06 de Xaneiro do 2014 a través da web de http://www.obosquemaxico.com/
Así mesmo, a organización comunicarase por email  ou Tlf cos concursantes premiados.

O BOSQUE MÁXICO   Xuño  2013