20 feb 2015

Exposición - Sentindo a Madeira

Ola amig@s, que tal. Con motivo da miña próxima exposición," Sentindo a Madeira", que se celebrará o vindeiro Xoves 26, as 20´30, no Museo Municipal de Ourense, convídovos a tod@s, a que veñades sentir esta creación como unha percepción plástica; onde as formas, liñas e ocos tallados sobre ese Noble Elemento poden activar incluso a través do tacto, e as persoas con problemas visuais poderan percibir esa mensaxe, ese reclamo da vida. Reenviaillo a toda esa persoas que lle gusta coidar e disfrutar da Natureza dunha forma consciente, sana e natural.