13 jul 2011

Presentación da obra O Arco dos Tempos

Ola compañeiros:
Como era de esperar,mañá xoves día 14 ás 22 horas.Farase a presentación da obra, O Arco dos Tempos, instalada na rotonda da carretera de Madrid ó final da ponte novisima, ó lado do barrio da Ponte. Será un espectáculo de luz e cor propio dunha Interface, Cuántica Fotónica que algún día nos servirá para poder transportarnos no tempo,conto con vós,pasaino a quen queirades que comparta esta nova creación:

Un sahudo e apertiñas de:
Toño Monteiro





1 jun 2011

O BOSQUE MÁXICO ® - O ARCO DOS TEMPOS - O ARCO DOS OESTRIMNIOS

Como cada día comeza todo, houbo un día que comezou unha exposición dunhas Obras que coa denominación de "TERRAS DE OESTRIMNIA" percorreu toda a nosa Comunidade. Dedicándolle unha lenda e unha obra a todas esas Tribos que poboaron coas súas citanias eses lombeiros, mais alá de onde se perden os tempos,onde a natureza formaba parte de todo o seu hábitat.

Dentro deste hábitat tan natural, xurdía como hoxe ese fenómeno que nos abraia a todos, o Arco da Vella, o Arco Iris, cando a luz solar atravesa as gotas da auga descompoñéndose nesas cores tan atractivas, tan Nivelínicas, tan máxicas.
Seguramente estes nosos devanceiros, os Oestrimnios podíanse imaxinar, que houbese un modo, unha forma, onde nalgún momento se transportaran a través dese Arco de Luz como se de algo Máxico se tratase.
Algún pobo coma o Romano, utilizou este fenómeno para a construción desas equilibradas e resistentes Voutas que formaban os arcos das súas orixinais pontes, coma a que nos identifica en todo o mundo, A Ponte Vella de Ourense.

Eu, coma Homenaxe a esta ancestral Raza, ao meu mestre Quessada e para toda a Humanidade, coloco neste Punto Xeográfico a carón do río Miño na cidade de Ourense, a obra que denomino o “Arco dos Tempos,” o “Arco dos Oestrimnios”, como se dunha Maqueta ou do Útil que no futuro vindeiro nos puidese Transportar a través da súa Luz, das súas Cores, da súa Erxia.

Unha Interface Cuántica Fotónica, que nos poida transportar a ese Mundo, a esa dimensión tan Natural como Máxica.
Unha Interface que nos transportara onde a Natureza fose coma a que aínda de cando en vez Soñamos, onde todo Encaixa,onde todo está nun estado Lóxico, Harmónico e Nivelínico.

Unha Interface que nos comunique, que nos Traslade ó Bosque Máxico,ó Bosque Máxico dos Oestrimnios .
Esperando que vos guste, unha Aperta, de: Toño Monteiro



Unha escultura «para viaxar»

Monteiro rinde homenaxe cunha peza a Quessada e aos Oestrimios

O escultor Toño Monteiro na rotonda do Ribeiriño, Pablo Araújo
O escultor Toño Monteiro está en plena fase de montaxe dun novo grupo escultórico en Ourense. O artista creou no seu día o proxecto Terras de Oestrimia, conxunto de esculturas co cal percorreu toda Galicia e que na cidade amosouse no auditorio. Agora o artista dá continuidade a esa proposta coa montaxe dun grupo escultórico en Ourense, que denomina Arco dos Tempos ou Arco dos Oestrimios, que tenta «trasladar á arte o que representa o Arco da Vella e que, dende o contraste da cor e a auga, serva para viaxar coa imaxinación a todos os que o contemplan».

Toño Monteiro concebiu a peza como unha homenaxe en dúas vertentes: «por unha banda ao meu mestre Xaime Quessada e, por outra, á raza dos oestrimios e a tódolos investigadores que nos foron descobrindo a súa pegada». O escultor está na actualidade instalando as pezas do grupo escultórico xunto ao seu equipo e as previsións coas que traballa pasan por deixar o conxunto rematado na presente semana, aínda que as previsións iniciais poderían retrasarse «un pouco en relación ao que temos previsto porque estamos agardando a que nos cheguen os focos que van dar unha perspectiva diferente á composición. Son elementos diferentes aos que se teñen empregado ata o de agora, de microled, porque eu concebín este grupo escultórico coas cores propias do Arco da Vella, e os focos que imos instalar reproducen exactamente a paleta de cores elexida para esta peza escultórica».

Bosque en Peneda-Xurés


Toño Monteiro ten en proxecto dar continuidade a esta intervención coa creación do «bosque máxico dos oestrimios. Estará ubicado na zona da Serra da Peneda-Xurés e iría dende Castromao e a zona do Leboreiro a Couto Mixto, Boullosa e San Gregorio. Estamos varias persoas ultimando o proxecto».

REFERENCIA: LA VOZ DE GALICIA