4 oct 2015

La cifra de manadas de lobos tiende a crecer en Ourense

A obra promovida polo Concello de Lobios que será executada en 33.000 €, foi autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, conta cunha axuda dos fondos AGADER, e co permiso de acceso aos terreos da Comunidade de Montes de Guende. Á súa vez, conta coa dirección técnica dos arqueólogos Celso Hugo Barba e David Pérez López, e coa asesoría científica e escultorica do escultor da Baixa Limia, Toño Monteiro. Con el censo provincial de lobos aún sin publicar, los últimos datos oficiales (2002) hablan de entre 59 y 70 grupos familiares en toda Galicia, que suman unos 600 ejemplares. "En Ourense habería unhas 25 manadas. É posible que dende o 2002 ata agora, producírase un lixeiro incremento dado o volume das manadas da zona onde traballamos.


Pero non é moi significativa", matizaba Alonso, que también expresó sus dudas con el tamaño medio de los grupos familiares y manadas que se utilizó en los últimos censos. "Nos últimos catro anos colocamos cámaras fotográficas no Macizo Central para investigar os lobos e determinar o número de familias e as camadas. A partir deses resultados, podemos avanzar que se está empregando un número medio de grupos familiares erróneos", dijo Alonso, que cree una manada está compuesta por siete u ocho lobos, y no entre ocho y once como se estimó en el último censo.

23 jul 2015

Lobios fará visitable o foxo do lobo de Guende desde agosto

O concello recupera unha das poucas trampas de cabrita para a caza do animal que hai en Galicia ...


O concello de Lobios contará, a partir do mes de agosto, con outro atractivo turístico: o foxo de Guende. Despois de dous meses de obras, os visitantes poderán contemplar unha construcción, que podería datar da época medieval, pensada para darlle caza ó lobo. A de Guende é unha trampa das chamadas 'de cabrita', un xénero do que existen poucas referencias en Galicia e o primeiro no que se executa unha actuación de recuperación.


Os traballos consistiron en desbroces, preparación do camiño medieval de acceso, restauración do foxo e instalación de sinaléctiva explicativa sobre a importancia deste patrimonio. Estes sinais estarán no propio foxo, en Guende e en Lobios, segundo confirma o arqueólogo director do proxecto, David Pérez, quen traballou arreo xunto co seu compañeiro Celso Hugo Barba.Do mesmo xeito, os visitantes serán guiados ata a antiga construcción mediante esculturas de lobos a tamaño natural que foron realizadas por Toño Monteiro.

A data de construcción do foxo do lobo de Guende é "imposible" de establecer, pero "existen documentos do século VII que falan deste tipo de trampas", ó tratarse de construccións realizadas coas pedras sen traballar extraídas do propio monte. En calquera caso, "sabemos que deixaron de empregarse en torno a 1900", conta David Pérez.

Esta trampa para o lobo recén recuperada constitúe unha "magnífica obra" con paredes de máis de dous metros de alto colocadas para compoñer unha estructura circular, na que o lobo era engañado por medio por unha "cabrita", un cebo vivo que lle dá nome á trampa.
Para David Pérez, o foxo do lobo de Guende é tan só "unha pequena mostra da inxente cantidade de patrimonio cultural e arqueolóxico que atesoura a serra do Xurés. Os traballos de restauración foron posibles gracias a unha subvención concedida a través dos fondos Agader por unha contía total de 33.000 euros e conta co beneplácito da comunidade de montes de Guende.

REFERENCIA: CAROLINA PIÑEIRO LA REGION.ES

1 jun 2015

Toño Monteiro doou unha escultura súa á Facultade de Ciencias

Toño Monteiro - Facultade de Ciencias
Unha pinga de 'ouro azul' para concienciar sobre a importancia da auga. 
A obra está situada desde este martes na entrada do Edificio Politécnico. 

 A auga é fundamental para a vida. A pesar de ser un ben que forma parte da nosa existencia cotiá e que polo tanto non valoramos na súa medida, é o auténtico “ouro azul”. Con esta idea na mente e co obxectivo de contribuír a concienciar á xente sobre a súa relevancia, o artista Toño Monteiro vén de doar á Facultade de Ciencias do campus de Ourense e ao seu Campus da Auga unha das súas obras, unha pinga de “ouro azul” que desde este martes está situada na entrada do Edificio Politécnico. 

Monteiro entregou a peza a Pedro Araújo, decano da Facultade de Ciencias do campus, nun acto no que tamén estiveron Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Ana Garriga, directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática, centro que tamén está situado no Edificio Politécnico, e membros do equipo decanal de Ciencias. “A obra eu declároa como unha pinga que quere ser unha homenaxe a ese elemento tan natural e necesario como é a auga. Trátase dunha peza de madeira de cedro de 2.40 metros de altura con incrustacións de latón, que brillan nela como se fosen ouro, intentado reflectir así a idea de que a auga é o “ouro azul”, un elemento de gran riqueza e calidade”, comentou o creador no acto de entrega. A escultura formou parte da mostra do artista Sentir a madeira e é maqueta dunha peza maior que o escultor está proxectando realizar.

Toño Monteiro - Facultade de Ciencias
No marco do Campus da Auga “Estamos moi agradecidos a Toño Monteiro por pensar no campus, nesta Facultade de Ciencias, para doar esta obra. Seguimos facendo o Campus da Auga coa sociedade civil e proxectando Ourense”, salientou Pedro Araújo. Agradecendo tamén ao escultor a doazón desta escultura e felicitando ao decano de Ciencias pola súa consecución, Virxilio Rodríguez destacou como este xesto “amosa como o Campus da Auga empeza a ser cada vez máis coñecido na sociedade e como se converte no marco no que se poden desenvolver diferentes iniciativas, neste caso culturais”.

A idea de facer esta doazón xurdiu no marco da entrega o pasado mes de marzo a Pedro Araújo do Premio Ouro Azul por parte do proxecto O Bosque Máxico. Os promotores desa iniciativa, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Auga o 22 de marzo, destacan cada ano a algunha persoa que sobresae polas súas achegas no eido dos recursos hídricos. Este ano, o galardón, que consiste nunha escultura dunha pinga de auga realizada polo propio Toño Monteiro, foi entregado a Pedro Araújo por toda unha traxectoria dedicada a traballar, a protexer e a estudar as diferentes formas de conservar a pureza e a potabilidade da auga. Froito daquel encontro foi este martes a entrega da escultura que desde agora lembra aos membros da comunidade universitaria ourensá a importancia da auga para a vida.