O escultor ourensán Toño Monteiro doa unha escultura a ADEGA
12 de xaneiro de 2008. ADEGA ven de recibir a doazón dunha escultura do artista ourensán Toño Monteiro. A entrega realizouse no recinto cultural da galería Sargadelos, en Ourense. Esta obra incorporarase á exposición "ART NATURA" que dende marzo de 2006 percorre diferentes sás de exposicións do país. Durante o 2008 recalará en A Coruña, Melide, Carballo, Ferrol, Pontevedra... Nela colaboran máis dun cento de artistas con obras coa Rede Natura e os valores naturais de Galiza como temática. O escultor Toño Monteiro, discípulo do recentemente finado Xaime Quessada, ten á natureza como protagonosta destacada das súas obras.
No acto de entrega da obra, o artista quixo facer un recoñecemento ao labor de ADEGA na defensa do medio ambiente e o seu traballo a prol do desenvolvemento sustentábel.
Intervención de Toño Monteiro:
"Fago esta pequena doazón dunha escultura ao grupo ecoloxista ADEGA pois, dalgun modo, síntome vencellado coa sua forma de protexer e coidar a natureza. Eu sempre fun unha persoa namorada dos mouchos e por desgraza é unha das moitas especies ameazadas polos pragicidas, inseticidas, cazadores furtivos e outros perigos que fan que sexan unha especie en extinción. Este moucho surrealista, despregando as súas ás [a escultura] revindica a súa protesta polo que estamos a facer coa terra. Para min é unha ave chea de lenda e realidade, seres curiosos con esa mirada tan penetrante, un ser máxico. Cando te enfrontas coa súa mirada tes unha estrana sensación, como se quixesen transmitirche algo. Pero no fondo son simpáticos. Espero que esta obra sexa do agrado de todos e ata a próxima exposición."
No nome de ADEGA, grazas Toño!