MONDOÑEDO .- O Centro Comarcal de A Mariña Central (Mondoñedo) acolle durante o mes de Novembro a obra escultórica do artista ourensán Toño Monteiro.
A súa última exposición, “Terras de Oestrimnia”, desvela unha faceta ata agora descoñecida do artista; a pasión pola investigación histórica dos máis remotos habitantes destas terras.
Deste afán, e tras o falecemento de Xaime Quesada, quen gostaba de contar lendas e historias dos Oestrimnios e outras tribus antigas, Toño Monteiro decide recuperar o entusiasmo do seu mestre , investigar con máis profundidade e facer unha obra con esta base.
“Terras de Oestrimnia” percorrerá Galicia a través da rede de Centros Comarcais ata decembro de 2010.
Esta exposición poderá visitarse no Centro Comarcal da Mariña Central , do 2 ó 30 de Novembro en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00, de luns a venres , e os sábados de 10:00 a 14:00
Para acadar máis información poden poñerse en contacto co persoal do centro no 982 889 301 ou a través do correo electrónico; ccmarinacentral@comarcasdegalicia.com ou visitar o blog do artista; www.monteiroonline.blogspot.com
“Caso, rei protector dos Cibarcos”
“No Couto da Recadeira existe o altar de Pena de Unto onde as tribos dos Cibarcos sacrificaban humanos para ofrenda dos seus deuses acompañados polos seus veciños de Castro Lindín, Zoñán e Vilaoalle entre outros
REFERENCIA: cronica3