9 nov 2009

Hai que demostrar que se pode ofrecer arte en sitios que non se fan con ese fin

Por vez primeira unha oficina de Correos de Ourense acolle unha exposición e é a do escultor Toño Monteiro. ‘A corna-musa’ naceu, por casualidade, coa idea de entreter ós usuarios.


En palabras do finado Xaime Quessada, Toño Monteiro é un ‘auténtico caníbal das formas escultóricas’. Despois de ofrecer o seu traballo en diferentes recintos expositivos da cidade, a súa última mostra está ubicada na oficina central de Correos en Ourense, no edificio da Alameda. É unha escolma de esculturas con variedade temática e xeométrica que abre unha nova etapa na liña cultural de Correos. ‘A corna-musa’, como se fai chamar a colección, pódese visitar ata mediados de mes.

Como acaba a súa obra nunha oficina de Correos?

A verdade é que pode resultar un pouco cómico. Un día tiven que ir a oficina para recoller unha multa e mentres esperaba o meu turno estaba a buscar unha distracción. Entón vin unhas estanterías e preguntei si me deixaban colocar nelas esculturas. A resposta de Correos foi unha grata sorpresa, apostaron pola arte dende o primeiro momento e ahí estou.

Baixo que pensamento fixo a proposición?

O obxetivo e buscar outra visión, outro esparcimiento, que a xente que está inmersa neste espacio se distraia. É outra forma de acercarlle o traballo artístico á cidadanía. É unha maneira de demostrar á xente que se pode mostrar arte en sitios que non se fan para a arte.

E como consegue encaixar a escultura neste novo recinto expositivo?

É a primeira exposición que se fai en Correos e había que darlle un significado. O título da exposición, ‘A corna-musa’, está inspirado no logotipo desta entidade e parte dun xogo de palabras: unha musa con cornos. Eso é o que reflexa a obra principal desta colección, que ademáis preséntase cunha parábola e unhas ondas que simbolizan a comunicación con outro ser, pois Correos é un sitio de comunicación. Esta muller, de perfiles quessadianos propios do que foi o meu mestre, leva tamén unha tatuaxe co logotipo da entidade.

Que ofrece a colección?

É unha mostra de esculturas variada, con obras en pizarra, fundición, coios de A Chavasqueira... Nela hai, como non podía ser doutra maneira por estar en Correos, unha representación en tridimensional de Litsa, a deusa grega que leva boas noticias, unha escultura que leva o nome de ‘Fusión’ e que ven a representar a unha parella que estivo rota e a que a comunicación volveu a unir, ou unha peza que simboliza ó carteiro. Son sobre unhas 20 pezas diferentes pero con unha temática central.

A influencia de Quessada está presente.

Quessada foi o meu mentor, o meu descubridor. El foi quen me dixo que tiña algo dentro. Alégrome das homenaxes que lle están a facer porque o seu nome debe perdurar sempre.

Correos busca lanzar a obra dos artistas locais

A exposición que dende o pasado mes de outubro exhibe o escultor Toño Monteiro na oficina de Correos da Alameda é a primera mostra artística destas características que chega a oficina, pero probablemente non sexa a última. Según a directora da oficina, Leonor Otero Sampedro, Correos ten dentro das súas prioridades unha resposta social corporativa, que leva á entidade a traballar con organizacións como Unicef, Cruz Vermella ou Aldeas Infantís, entre outras.

E dentro desta filosofía, a oficina decántase agora tamén por dar a conocer e impulsar a obra dos artistas locais. ‘Queremos achegar a arte á xente e ofrecer ós artistas as nosas oficinas polas que diariamente pasan moitas persoas’, explica Otero.

Según di a directora deste centro, o público está a responder moi ben ante a oferta expositiva que Toño Monteiro está a mostar no edificio da Alame da. Por iso, explica, dende a dirección se vai a solicitar permiso para conseguir que a mostra saia de ruta polas diferentes oficinas que Correos ten na Comunidad galega. ‘O escultor entendeu dende o primeiro momento a idea da exposición’, explica Leonor Otero, ofrecendo unha mostra moi vinculada co servicio de Correos e de grande calidade artística.

Iniciativa

Esta nova iniciativa da entidade saiu a rúa baixo o lema ‘Correos con el arte’. Da súa man, os usuarios da oficina terán a oportunidade de ver arte, distraerse e coñocer o que pode facer un artista ourensán, nesta caso o escultor Toño Monteiro, que no agocha a súa satisfacción por poder ofrecer o seu traballo noutras sedes galegas da entidade.